Saída de campo do pasado día 07/11/2012 a Comarca da Ribeira Sacra

20/11/2012

  Os alumnos de Xeografia Rural, da Universidade de Santiago de Compostela estivemos o pasado día 07/112012 na comarca da Ribeira Sacra para ver directamente as distintas maneiras do desenvolvemento nesta zona rural de Galicia; na visita fixemos diferentes paradas, entre elas a visita a Cooperativa ICOS, a Adegas LAREU, o Pazo de Sabadelle e o embalse de Belesar. 

 

  Nesta saída puidemos percibir directamente a situación do rural galego, a pesar de que a zona que visitimos non e moi amplia, si que nos puido servir de reflexo dunha gran parte do rural galego, persoalmente percibin unha certa similitude con algunhas das zonas do meu entorno; que ainda asi a pesar de considerame unha persoa do rural dende cativo, nesta ocasión quizas aínda percibin un rural máis íntimo máis aferrado os seus orixe donde o visitante percibe como o discurrir do tempo e máis de vagar, quizais como antaño, segun podo recordar por historias que me contaba meu avó. Pode ser este un dos motivos polo a xente que coñecemos do lugar estivese tan orgulloso do mesmo; lembro a primeira frase que nos dixo o señor Pepe (o dono do pazo), que nos estaba a esperar na nosa chegada para guiarnos nestas visitas: " é ahora vouvos mostrar o lugar máis fermoso do mundo, a miña aldea".

  Xa para términar e de reseñar as iniciativas que se levava acabo nesta zona, que como a adega Lareu, a cooperativa ICOS, ou o propio pazo de Sabadelle, desmostrannos como si que a xente do rural pode vivir do mesmo, e non ter que abandolo, pois esto aínda que sempre resulte o máis facil, non ten porque ser así, pois como se pode observar si que existen alternativas e principalmente nun rural tan rico como pode ser o rural galego; quizas tamén estas inicitiavas poidan servir de exemplo para outras zonas do rural galego en deprimento, pois persoalmente non creo que esta zona da comarca da Ribeira Sacra teña recursos tan abundantes como para ser propicia a estas iniciativas, senon que no meu parecer rádica na disposición das suas xentes por poñelo en valor.


 12231.jpg

 

A continuación en noticias seguintes podese observar máis detidamente cada unha das visitas que fixemos nesta saída.


Comentarios

Comentario de xose I.Figueroa L. el
Foi moi agradable que as mozas e mozos da USC nos visitasen, mostraron o seu interès por o noso medio que tamèn e o diles en tanto que todos formamos parte dun Pais..Galicia.que teñades moita sorte e sexades moi felices desexamosvos dende a aldea mais bonita do mundo, Sabadelle.
Comentario de Carlos Ferras el
Moi interesante a informción. Pero deberias comentar e valorar criticamente o que puideches coñecer. Te serviu de algo?

Localización

Dónde estamos por si nos queres visitar

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos