O Monte Galego "ESE GRAN OLVIDADO"

15/12/2012

Todos somos conscientes en menor ou maior medida da situación que sofre o rural galego e polo tanto as actividades que neste se producen. Cando se fai esta afirmación inmediatamente se nos vai o pensamento a precariedade que sofre o sector gandeiro, parece que nunha crise permatenente, ben e certo que un motor da industria galega tan importante como a ganderia pasa por unha situación moi delicada, que se agravou quizais máis nos ultimos tempos. Pero deixando a marxe o problema lacteo, podemos falar do sector forestal, como ese gran olvidado, resultado quizais do minifundismo, provocado en parte por esa necesidade xenetica que todos galegos temos por contar con unha porción de terreo, ata tal punto que haxa case tantos propietairos de terreo en Galicia como habitantes, algo enorme significativo, problema ou opotunidade??. Realmente podese falar das duas posibilidades, en primeira instancia a multipropiedade supón un problema que rádica no abandono do monte debido a escasa productividade que supón ter un terreo de escasas dimensión, e por outra parte non nos debemos olvidar que a multipropiedade supón a socialización do monte en Galicia, e todas as ventaxas que podria supor este feito se houbese unha maior organización de todos propietarios.

Un dos problemas máis importantes, persoalmente creo que supón o abandono que sofre o rural por parte das administracións, que se traduce na situación actual, donde problemas como as vagas de incendios que cada veran asola a nosa comunidade e inexplicable, e resulta inconcevible se o comparamos coas outras CCAA españolas (Véxase Gráfico inferior). Os incendios podria describirse como unha das asignatura pendente do monte galego e polo tanto do rural (Articulo sobre a problematica dos incendios  en www.arboreconsultora.esmiweb.es/ moi recomendable).

lumes.png

Outro dos problemas que xunto cos incendios se pode observar no monte galego e a tranformación que esta a sufrir a paisaxe forestal galega provocada polo monocultivismo que están a fomentar as grandes empresas do forestal galego, podriamos definilo como a industrialización do monte, donde o importante e producir case a calquer coste, e obter o mayor marxe de negocio posible; resulta verdadeiramente sangrante para a xente que somos do rural ver como grandes máquinas e inmensas plantacións de carcter artificial se apoderan dos nosos montes en deprimento do que dende antaño coñeciamos como "o monte", recuncho de inmensa cantidade de lendas que oimos dende ven cativos, e fonte de inspiración para literatura galega o longo dos anos.

Finalmente, presentovos a continuación unha entrevista que fixemos esta semana a traves de Arbore Consultora o señor Jacobo Feijoó Lamas, Secretario de Desenvolvemento Rural e Producción Forestias do sindicato de Unións Agraias, donde nos fai un pequena introducción da situación do sector forestal en Galicia e nos expón a súas opinións respecto a moitos dos problemos citados con anterioridade. 

Pica aquí para ver esta nociticia de Arbore Consultora

Debes instalar Adobe Flash para ver este contenido

Comentarios

Comentario de dorita el
estas entrevistas estoume enterando de cousas q non tiña nin idea esto e do q devian d informarnos estadelo facendo moi ben
Comentario de Alba el
Unha información moi interesante e útil para enterarnos de cousas que por falta de información, desconocemos!noraboa!
Comentario de Lorena el
Noraboa. Moi interesante poder ter informacion como esta sobre os problemas que están acontecendo nos nosos montes.

Localización

Dónde estamos por si nos queres visitar

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos